A biografía coñecida de Manfred Gnädinger, o Alemán de Camelle, está no fondo deste relato da viaxe como unha das metáforas da busca da liberdade. A súa chegada á vila da Costa da Morte en 1962, o seu gusto pola repostería, os teimudos enfrontamentos cos veciños, a creación dun museo á beira do océano, o xuízo por unha acusación de pederastia e, finalmente, as circunstancias da súa morte, e mesmos algúns textos seus, achegan datos históricos a uns personaxes de ficción nun escenario no que a paisaxe expresa os sentimentos subxectivos, os do individuo que se busca a si mesmo fronte ao mundo.